VIAXES +60 para este 2025

Se che apaixona viaxar e descubrir novas culturas pero hai certos destinos aos que nunca pensarías ir só, as nosas viaxes son para ti.
Ao tratarse de viaxes en grupo, sempre te sentirás acompañado, poderás establecer relacións sociais e mesmo crear vínculos de amizade con persoas que non formen parte do teu círculo de amigos.
Afundación e persoal da axencia acompañaranvos dende a saída e estaremos co grupo durante toda a viaxe para tratar de solucionar calquera imprevisto que poida xurdir.
Convidámoste a emprender viaxes únicas, deseñadas e pensadas especialmente para ti. Cada viaxe darache algo diferente, uns sorprenderanche coa súa natureza, outros coa súa cultura, outros permitirán aprender coa súa arte, a súa historia, as súas ruínas... pero o máis importante é saber valorar. os pequenos e grandes detalles únicos e irrepetibles, especialmente vitais e inesquecibles.
Viaxar non é só unha actividade recreativa, senón un xeito de enriquecer a nosa vida. Axúdanos a crecer e ofrécenos ferramentas para mellorar a nosa saúde mental e emocional. Entón, por que esperar? A próxima aventura está esperando por ti!
Presentámosvos unha selección de destinos cautivadores que che transportarán a outros tempos e mergullarán en culturas extraordinarias.
DESTINOS PENINSULARES
Málaga, do 29 de marzo ao 3 de abril. Formulario de inscrición
Lisboa, do 5 ao 10 de maio. Formulario de inscrición
Navarra, do 18 ao 23 de xuño. Formulario de inscrición
DESTINOS INTERNACIONAIS
La Puglia, do 29 de abril ao 6 de maio. Formulario de inscrición
Islandia, do 4 ao 12 de xuño. Formulario de inscrición
Istambul e a Capadocia, 15 ao 22 de setembro. Formulario de inscrición
Xapón, do 23 de outubro ao 2 de novembro. Formulario de inscrición
Segunda quenda viaxe Xapón, do 18 ao 28 de setembro. Formulario de inscrición
Uzbekistán, do 5 ao 13 de novembro. Formulario de inscripción
Cruceiro polo Danubio, do 4 ao 10 de decembro. Formulario de inscripción
DESTINOS SEN TODO INCLUÍDO
Budapest, do 8 ao 12 de abril. Formulario de inscripción
París, do 8 ao 12 de xullo. Formulario de inscripción
O prazo de solicitude de inscrición para as viaxes que terán lugar antes de agosto (Málaga, Budapest, Lisboa, Puglia, Islandia, Navarra e París) abrirase o luns, 10 de febreiro, ás 10:00 horas.
O prazo de solicitude de inscrición para as viaxes que terán lugar despois de agosto, será o luns, 17 de febreiro, ás 10:00 horas.
Todavía non es soci@? Infórmate