Viaxe a Uzbekistán, Espazos +60 Afundación

Esta emocionante viaxe comeza desde Galicia, con saída desde A Coruña ou Vigo e unha cómoda escala en Madrid, desde onde tomaremos un voo directo ata Tashkent, a vibrante capital de Uzbekistán, onde se iniciará a nosa fascinante viaxe polo corazón de Asia Central. Tashkent, unha cidade que fusiona modernidade e tradición, será o noso primeiro destino. Visitaremos o complexo Khasti Imam, sede do famoso Corán Usman, e o animado bazar de Chorsu, que representa o corazón da vida local. Tamén exploraremos a praza Amir Temur e a praza da Independencia, dous grandes símbolos do Uzbekistán contemporáneo. Desde Tashkent viaxaremos en tren ata Samarcanda, a xoia histórica da Ruta da Seda. Alí sorprenderanos a praza Reguistán e o mausoleo Gur-Emir, onde descansan figuras clave como o gran Tamerlán. Tamén visitaremos o observatorio Ulugh Beg, símbolo dos avances científicos da época. Continuamos en tren ata Bukhara, unha cidade case non tocada polo tempo, rica en historia e monumentos, como o complexo Lyabi Hauz, o minarete de Kalon e o mausoleo dos Samánidas, vestixios da grandeza da civilización de Asia Central. O noso último destino será Khiva, unha cidade de conto de fadas coa súa cidadela Ichan-Kala, Patrimonio da Humanidade. Alí descubriremos minaretes, madrasas e mesquitas que nos transportarán á época medieval. Finalmente, regresaremos a Urgench para tomar o voo de regreso a Madrid e despois a Galicia, levando connosco os recordos dunha experiencia cultural e histórica única. Unha aventura chea de historia, cultura e beleza no corazón de Asia Central!
Do 5 ao 13 de novembro as persoas socias dos Espazos +60 viaxarán a Uzbekistán.
O 5 de novembro recollida nos Espazos + 60 e traslado ata o aeroporto de saída (A Coruña/Santiago/Vigo). Voo a Madrid. Chegada a Madrid, recollida da equipaxe. A continuación, dirixirémonos ao mostrador de facturación da compañía aérea para tomar o voo cara a UZBEKISTÁN con destino final en Tashkent, a súa capital. Voo especial Madrid-Tashkent. Noite a bordo.
O 6 de novembro chegarán ao aeroporto internacional de Tashkent. Realizarán os trámites de aduana e deseguido encontraranse co equipo uzbeko fóra do aeroporto. A continuación, traslado ao hotel, onde deixarán as maletas (o check-in será pola tarde) e degustarán un delicioso almorzo, tras o cal comezarán a explorar a cidade. Tashkent, a capital de Uzbekistán, é un dos puntos máis importantes da Gran Ruta da Seda. Comezarán a visita pola parte antiga da cidade, onde coñecerán o complexo arquitectónico Khasti Imam, composto por monumentos históricos como a madrasa Barak Kan, o mausoleo de Kafal Shohi, a mesquita Tilla Sheykh e o museo do Corán de Usman, que alberga un dos exemplares máis antigos do Corán. Ademais, visitarán o famoso bazar Chorsu, un colorido mercado tradicional, onde poderán mergullarse na vida local e gozar dos seus variados produtos. Despois do xantar dirixiranse á parte moderna de Tashkent, na que destacamos a praza de Amir Temur -unha das principais da cidade- e a praza de Ópera e Ballet, que os impresionará coa súa arquitectura. Tamén farán unha visita exterior ao palacio Romanov e deteranse na praza da Independencia, que simboliza a modernidade e a liberdade de Uzbekistán. Ao final do día, regresarán ao hotel para a cea e aloxamento, con tempo para descansar.
O 7 de novembro, despois de almorzar, á hora indicada, sairán cara a Samarcanda, unha das cidades máis antigas do mundo, fundada a mediados do século VIII a.C. e que, durante máis de dous milenios, foi un punto clave na Gran Ruta da Seda entre China e Europa. Tras unha viaxe en tren de preto de 2 horas e 30 minutos desde Tashkent, chegarán a Samarcanda, onde se dirixirán a un restaurante local para un xantar tradicional. Pola tarde, comezarán a visita aos monumentos máis emblemáticos da cidade. Empezarán na praza Registán, considerada una das prazas máis fermosas do mundo, rodeada por tres grandes madrasas: a madrasa Tilla - Kari, a madrasa Ulugbek e a madrasa Sher-Dor. Estas impoñentes estruturas, cos seus intricados detalles arquitectónicos, transpórtaraos á magnificencia da época de Tamerlán. A continuación, visitarán a mesquita Bibi-Khanum, unha das mesquitas máis grandes e grandiosas de Asia Central, construída por orde de Tamerlán tras as súas campañas militares. A mesquita é unha xoia da arquitectura islámica, famosa pola súa monumentalidade e a súa elegancia.
Finalizarán o percorrido do día cunha visita ao mausoleo Gur-Emir, onde descansan Tamerlán e algúns dos seus descendentes máis próximos. Este mausoleo, coa súa impresionante cúpula azul, é una das mostras máis representativas da arquitectura timúrida. Cea e aloxamento no hotel, onde teremos tempo para descansar despois dun día cheo de historia, cultura e fascinantes monumentos.
O 8 de novembro, despois de almorzar no hotel, comezarán a xornada visitando o complexo arquitectónico Shakhi- Zinda, un conxunto de mausoleos que destacan pola súa impresionante beleza e os seus azulexos decorados, onde descansan figuras importantes da historia de Samarcanda. A continuación, dirixiranse á mesquita Bibi-Khanum, unha das construcións máis grandiosas da cidade, mandada edificar por Tamerlán en honor da súa esposa. Despois, explorarán o animado bazar Siab, onde poderán gozar do bulicioso ambiente local e descubrir os sabores e productos típicos da rexión. Tras o xantar, pola tarde visitarán o observatorio de Ulugh Beg, unha obra mestra da ciencia do século XV, que foi un centro de investigación astronómica fundado polo neto de Tamerlán. Aquí aprenderán sobre os avances científicos da época e o seu interesante museo. Finalmente, regresarán ao hotel para a cea e aloxamento, e concluír unha xornada chea de historia, cultura e beleza.
O 9 de novembro, despois de almorzar, sairán cara á espectacular cidade de Bukhara, piar sagrado de Asia e cidade lendaria da Gran Ruta de Seda. Bukhara é a única cidade de Asia Central que posúe preto de 2000 monumentos do Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Traslado á estación de tren para tomar o tren cara a Bukhara. Xantar nun restaurante local. Á chegada, comezarán unha completa visita para coñecer parte do seu impresionante patrimonio, incluíndo o complexo arquitectónico Lyabi Hauz, o corazón da cidade, que alberga a madrasa Kukeldash (visita exterior) e a madrasa Nodir Devon Begi, construídas arredor do maior estanque da cidade, o Divan-Begi. Tamén visitarán o Magoki Attory, un edificio do século XII de grande importancia histórica (visita exterior). Tarde libre para explorar o centro histórico (en función dos horarios do tren) Cea e aloxamento.
O 10 de decembro, despois de almorzar, continuarán a descubrir os marabillosos Tres Mercados: Toki, un complexo de cúpulas do século XVI. Tamén coñecerán a madrasa de Ulugbek (visita exterior) e a madrasa de Abdul Aziz-Khan (visita exterior), ambas representativas da arquitectura islámica da rexión.
A continuación, visitarán o impoñente complexo arquitectónico Poi- Kalon, onde se atopa o minarete Kalon, símbolo histórico de Bukhara, e a mesquita Poi-Kalon, unha das máis grandes de Asia Central. Xantar nun restaurante local para gozar dos sabores tradicionais da cociña uzbeka.
Pola tarde, explorarán outras xoias culturais, como o mausoleo dos Samánidas, unha obra mestra do século IX-X, e o manancial sagrado Chasmai Ayub, tamén coñecido como “a fonte de Job”. Finalizarán a xornada coa visita exterior da mesquita Bolo-Hauz, famosa polo seu estanque e a súa arquitectura. Cea e aloxamento.
O 11 de novembro, tras o almorzo, seguirán coñecendo as mellores representacións culturais de Bukhara coa visita á cidadela Ark, que ocupa unha área de preto de catro hectáreas e é o monumento máis antigo da cidade.
Tras a visita, xantarán cedo e comezarán a viaxe cara a unha das cidades máis impresionantes da ruta, Khiva, unha cidade-oasis que parece sacada dun auténtico conto de As mil e unhas noites. Atravesarán o deserto Qizil-Kum, unha paisaxe árida e rochosa, mentres se dirixen cara a Khiva, unha cidade histórica que preserva o seu encanto e arquitectura medieval. Ao chegar a Khiva, gozarán dunha deliciosa cea tradicional e, despois, dirixiranse ao aloxamento para descansar.
O 12 de novembro, despois de almorzar, iniciarán o día coa visita ao complexo arquitectónico Ichan- Kala, o primeiro lugar en Asia Central declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Este conxunto histórico, que abrangue monumentos desde o século X ata o XIX, é un reflexo impresionante da rica cultura de Khiva. Entre as súas principais atraccións atópanse o maxestoso minarete Kalta Minor, a madrasa Mohamed Amin Khan, actualmente convertida en hotel, e a madrasa Mohamed Rakhim-Khan.
Tamén explorarán a emblemática mesquita Juma, famosa polas súas columnas de madeira, e o impoñente castelo Kunya Ark, que alberga o bastión Oq Sheykh Bobo, unha antiga fortaleza que foi o centro do poder dos khanes de Khiva. Xantar. Pola tarde, continuarán o percorrido por esta fascinante cidade, comezando coa mesquita Juma, o minarete Islom Khodja (visita exterior), o máis alto de Khiva, que ofrece vistas panorámicas espectaculares. Seguiremos co mausoleo de Pakhlavan Makhmud, unha das obras máis sobresalientes da arquitectura de Khorezm dos séculos XVIII e XIX. Finalmente, visitarán o impresionante complexo arquitectónico Tash Hovli, que serviu como harén e segundo palacio dos khanes de Khiva, así como a madrasa Allakuli Khan e o Caravan-Saray, situado no corazón dos “Palacios de Comercio”, un antigo centro de actividade comercial. Ao rematar o percorrido, gozarán dunha cea tradicional antes de descansar no aloxamento.
O 13 de novembro, despois do almorzo, á hora indicada, traslado ao aeroporto de Urgench para tomar o voo chárter de regreso a España. Tras os trámites de embarque e o voo, chegada a Madrid, trámites de inmigración, recollida da equipaxe. Dirixiranse a facturar a equipaxe para tomar o voo a Galicia (Santiago, Vigo ou A Coruña): Chegada ao aeroporto e traslados aos Espazos +60.
A viaxe, organizada por Viajes Embajador, inclúe:
- Traslados desde os Espazos +60 ao aeroporto de saída e viceversa
- Horarios dos voos previstos (suxeito a cambios)
- 05 NOV A CORUÑA/SANTIAGO / VIGO - MADRID ** POR DETERMINAR, entre as 13.00 e 17.00 horas aproximadamente** 05 NOV MADRID - TASKHENT 22.00-08.20+1
- 13 NOV URGENT - MADRID 09.40-14.15 13 NOV MADRID- VIGO / SANTIAGO A CORUÑA ** POR DETERMINAR entre as 18 e 22 horas aproximadamente**
- Unha bolsa debaixo do asento cunhas medidas máximas de 40x30x15 cm + maleta de cabina de 56x40x25 cm cun peso máximo de 10kg e unha maleta facturada cun peso máximo de 23kg
- Billetes de avión nun voo regular a Madrid con facturación de equipaxe.
- Billetes de avión nun voo chárter especial en clase turista desde Madrid con facturación de equipaxe
- Réxime de pensión completa incluída, distribuída en hoteis e restaurantes.
- (Unha bebida incluída con cada comida, que pode ser unha cervexa ou un refresco ou un vaso de viño, auga e té incluídos).
- Billetes de tren: 07 novembro THASKHENT-SAMARCANDA e 09 novembro SAMARCANDA-BUKHARA
- Visitas con guía local: Tashkent – Samarcanda- Bujara - Khiva.
- Propina obrigatoria incluída
- Seguro de cancelación completo e asistencia na viaxe (inclúe enfermidades preexistentes*) Non reembolsable en caso de cancelación (67€)
- Excursións incluídas: mausoleo de Pakhlavan Makhmud (con entrada) en Bukhara, mausoleo de Samanidas (con entrada), mausoleo Chashma Ayub (con entrada) mesquita Bolo-Hauz (visita exterior) en Samarcanda, observatorio de Ulughbek (con entrada)
- Audioguías individuais para as visitas
- Documentación electrónica mediante a App Travel Angel
- Taxas de aeroporto e de estancia (calculadas segundo tarifas vixentes en xaneiro de 2025)
- 1 coordinador de Viajes Embajador e 2 acompañantes de Afundación desde orixe e durante toda a viaxe
- Guía local de fala hispana que coordinará todos os servizos en destino.
IMPORTANTE
Os xantares e ceas poden ser en hoteis ou restaurantes concertados.
O plan de viaxe e a orde das visitas poderán ser modificados, mantendo as visitas previstas.
En Uzbekistán non podemos ofrecer servizo de maleteiros, os nosos guías axudarán puntualmente a cargar as maletas no autocar, se é necesário, e en lugares difíciles en hoteis nos que hai pasos ou o acceso é difícil.
Recomendamos que cada pasaxeiro leve equipaxe que poida manexar e transportar por si mesmo.
Esta viaxe non está recomendada para persoas con mobilidade reducida.
PREZOS BASEADOS NUN GRUPO DE 40 PASAXEIROS*
En habitación dobre/persoa socia Abanca: 2.785€
En habitación dobre/persoa socia: 3.285€
Suplemento habitación individual: 295€ (a realizar no último pagamento)
*No caso de cancelación do acompañante ou de non atopar persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.
PRAZOS DE PAGAMENTO
No momento de confirmación da praza 550€/ persoa socia Abanca; 500€ /persoa socia
Antes do 15 de maio: 550€/persoa socia Abanca; 550 €/persoa socia
Antes do 15 de xullo: 550€/persoa socia Abanca; 550 €/persoa socia
Antes do 25 de agosto: 550€/persoa socia Abanca; 550 €/persoa socia
Antes do 25 de setembro: 585€ €/persoa socia Abanca 865€/persoa socia
HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARES
TASHKENT: The Tower, El Mercure Tashkent, ISPIRA-S
KHIVA: Erkin Palace, Grand Vizir, Bankir, Lokomativ, Asia Khiva
BUKHARA: Wyndham Bukhara, Paradise Luxury Plaza
SAMARCANDA: Hilton Garden Inn, Dilimah Luxury Hotel
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN
Desde o momento da inscrición e ata 120 días antes da saída: 200€
120 días ata 90 días antes da saída: 400€
89 días ata 45 días antes da saída: 800€
44 días ata 31 días antes da saída: 1.200€
30 días e ata o día da saída: 100% do importe da viaxe
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
A inscrición farase efectiva unha vez cuberto o formulario en liña, a partir do 17 de febreiro, desde as 10.00 horas, ata cubrir as prazas. Para verificar que o seu rexistro se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe ese correo, póñase en contacto connosco no 698 122 915.
Confirmarémoslle a súa praza por correo electrónico, nese momento deberá realizar o primeiro pago.
As prazas de autobús concederanse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non é socio/a e quere viaxar connosco, pode pasar por un Espazo +60 ou pedir cita.
(*) Condicións completas no seu Espazo +60 Afundación ou en Viajes Embajador (Picavia, 1 - baixo esq. praza de Ourense - 981 210 486)