
O Centro de Formación Profesional Colexio Fogar Afundación nace en 1948 e érguese hoxe como un centro de formación profesional de referencia na provincia de Pontevedra. Toda a súa actividade se desenvolve neste campo, adquirindo unha gran capacidade de adaptación aos diversos plans.
A oferta formativa está composta por seis ciclos formativos de grao medio (Preimpresión Dixital; Impresión en Artes Gráficas; Soldadura e Caldeirería; Mecanizado; Instalacións Eléctricas e Automáticas; e Instalacións de Telecomunicacións) e tres de grao superior (Programación da Produción en Fabricación Mecánica; Automatización e Robótica Industrial; e Mantemento Electrónico). No Colexio Fogar tamén ofertamos cursos formativos para traballadores de empresas en activo coa finalidade de manter actualizados os seus coñecementos profesionais específicos. Con este novo programa o centro xera recursos alternativos para contribuír ao seu propio sostemento.
Características
O centro dispón de:
OBRADOIROS
- Obradoiro de impresión de 312 m2
- Obradoiro de preimpresión de 130 m2
- Catro obradoiros de electrónica de 134, 115, 138 e 145 m2 respectivamente
- Catro obradoiros de electricidade de 128, 126, 148 e 141 m2 respectivamente
- Obradoiro de soldadura e caldeirería de 399 m2
- Obradoiro de mecánica de 856 m2
OUTRAS INSTALACIÓNS
- Salón de actos cunha capacidade de 471 butacas
- Capela cunha capacidade de 400 persoas
- Amplo ximnasio cunha superficie de 222 m2
- Salón social e cafetaría cunha superficie de 273 m2
- Aula de usos múltiples de 144 m2 e biblioteca de 125 m2
- Centro de antigos alumnos cunha superficie de 123 m2
- Salón polivalente de 101 m2
- Sala de profesores de 64 m2
- Amplas zonas axardinadas
- Canchas de deportes:
- Campo de fútbol
- Campo de fútbol sala
- Campo de baloncesto
- Frontón
Servizos
Os ciclos que se imparten na actualidade son os seguintes:
CICLOS FORMATIVOS (todos concertados)
- De grao medio
Preimpresión Dixital - 2000 horas
Impresión Gráfica - 2000 horas
Mecanizado - 2000 horas
Soldadura e Caldeirería - 2000 horas
Instalacións Eléctricas e Automáticas - 2000 horas
Instalacións de Telecomunicacións - 2000 horas
- De grao superior
Programación da Produción en Fabricación Mecánica - 2000 horas
Automatización e Robótica Industrial - 2000 horas
Mantemento Electrónico - 2000 horas
Máis información en https://colegiohogar.afundacion.org/blog/
Horarios
Luns, mércores e venres 08.10 a 14.30 h.
Martes e xoves 08.10 a 14.55 h.
Localización
Ver mapa más grande