Obradoiro e tenda solidaria en favor de oenegués

No obradoiro solidario, coa axuda dunha monitora voluntaria, aprenderás a realizar elaborados traballos de artesanía, bonecos de trapo, manteis, roupa de bebé, bufandas, guantes de la, mandilóns, bolsos e moitos outros produtos que se destinan a unha tenda solidaria cuxos fondos se doan a oenegués dúas veces ao ano, nos meses de xuño e decembro. Se queres contribuír con nós, apúntate xa ao obradoiro solidario!