Programación +60 online para este outono

En Afundación lanzamos un novo ciclo cunha diversidade de propostas de cursos +60 online pensadas especialmente para adaptarse ás túas necesidades e preferencias e para que poidas participar cómodamente desde calquera lugar.
Accederás a todos os materiais do curso, con conexión ás clases en directo por videoconferencia, permitndo a interacción co profesorado e o resto de participantes. Ademáis, coas clases gravadas poderás volver a velas en calquera momento.
Podes inscribirte en dous sinxelos pasos: rexístrate na plataforma de Afundación coa túa conta de correo electrónico e unha vez feito o rexistro, selecciona os cursos nos que queres participar e fai clic en “comprar” para realizar o pago e completar a inscrición. Recibirás un correo electrónico de confirmación de pago.
Se tes algunha dúbida podes escribirnos a info@mais60.afundacion.org ou chamarnos ao 661 340 132.