
O programa «Coñecendo as emocións», co-deseñado a través dun innovador proceso con persoas maiores socias dos Espazos +60 Afundación, ten por finalidade comprender o proceso emocional e aprender estratexias sobre como xestionar as nosas emocións na vida cotiá. A súa primeira implementación tivo lugar entre os meses de febreiro e maio do ano 2022, en 10 localidades de maneira simultánea.
Coa finalidade de coñecer a súa efectividade, desde Afundación decidimos levar a cabo unha avaliación do seu impacto nas persoas participantes na edición pasada. Os resultados desta avaliación demostran que, mediante o programa proposto, se pode intervir ao mesmo tempo de forma preventiva sobre a mellora das competencias emocionais e os niveis de benestar psicolóxico, e tamén de forma reparadora sobre algún tipo de dificultade que nestas dimensións experimentan algunhas persoas nun momento dado. Neste documento preséntanse as características do programa, os perfís das persoas participantes, así coma os resultados obtidos na avaliación.
-
10 entidades sociais incorporarán o programa «COÑECENDO AS EMOCIÓNS», dirixido a persoas maiores
Membros dos seus equipos participaron no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela nunha xornada formativa inicial sobre metodoloxía -
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo
Este programa foi codeseñado con socias e socios dos espazos +60 de Afundación e en colaboración con Matia Instituto, entidade dedicada desde hai máis de 20 anos á investigación en materia de envellecemento -
NOVAS ACTIVIDADES 2025/2026 nos Espazos +60 Afundación
Xa podes consultar a programación cos horarios e días das actividades e inscribirte entre o 4 e o 19 de setembro-
ONDE:
ConsultarNOVAS ACTIVIDADES 2025/2026 nos Espazos +60 Afundación
-
-
Curso “Coñecendo as emocións”, Espazos +60
Coñecerás e comprenderás o proceso emocional e adquirirás habilidades e estratexias sobre como xestionar as emocións na túa vida cotiá para mellorar o teu benestar-
ONDE:
Consultar -
Datas:
De outubro a decembro/xaneiro de 2026
-
-
Programa “AFONDANDO NAS EMOCIÓNS”, Espazos +60
Se xa participaches no programa "Coñecendo as emocións", presentámosche unha edición avanzada do programa-
ONDE:
ConsultarPrograma “AFONDANDO NAS EMOCIÓNS”, Espazos +60
-
Datas:
De xaneiro a marzo de 2026
-