• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Cruceiro de La Parda

ALFREDO SOUTO CUERO

Cruceiro de La Parda
INV:
2519
Año de creación:
1903
Dimensiones:
23 x 34 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Paisaxe rural dominada polo ancho camiño que ofrece unha gran perspectiva da obra. A ámbos os lados do camiño, a videira e un muro dirixen a atención ao centro da composición, presidida pola campesiña coas vacas e o cruceiro.

En último termo, as montañas e o ceo plúmbeo e anubrado revelan a capacidade exquisita do autor para captar a luz propia da paisaxe galega.

A obra, creada con mimo e detalle, goza dunha pincelada pequena e minuciosa, xogando cunha paleta armoniosa, cun gusto polos ocres e os verdes, que captan non só a vexetación senón a atmosfera tranquila e sosegada da vida do campo.

A pesar da aparente sinxeleza da composición, está plenamente lograda a sensación de autonomía, a escena ten vida propia, discorre ao longo do sendeiro e continúa máis alá da nosa mirada nunha obra que supera a simple anécdota e o costumismo anodino, descubríndose como un testemuño etnográfico dunha Galicia que sempre perdurará na memoria.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78